Meteolimpiada do LdC no Milladoiro

Na semana das Letras Galegas e no marco do II Feirón de Cultura Galega do Milladoiro, o día 19 de maio o alumnado de 1º de ESO participou na "Meteolimpiada do Laboratorio do Climadoiro" organizada por Beatriz Castro, profesora de Xeografía e Historia.

Así daba comezo a competición....


Preparádevos para iniciar unha carreira contra o tempo na que teredes que resolver unha serie de probas vencelladas coa meteoroloxía e a cultura galega. 

Esta Meteolimpiada está formada por X probas. Tedes que resolvelas unha por unha. No momento no que entreguedes cada unha delas xa non poderedes facer ningunha modificación…

Poñede a proba o voso inxenio e os vosos coñecementos porque comezamos!!!!!

AS DEZ PROBAS SON…  

1. Adiviñas meteorolóxicas
2. Sudoku climatolóxico
3. Meteosopa de letras
4. Atopa as dez diferenzas
5. Meteocrucigrama
6. O arco da vella de Manuel María
7. Reúne 5 refráns en galego sobre o tempo e o clima
8. Elaborade unha rima de 4 versos inspirada no tempo
9. Tutifruti inspirado en Carlos Casares e Rosalía de Castro 

10. Test final de cultura galega



O alumnado esforzouse ao máximo e refrescou todo o aprendido durante o ano sobre meteoroloxía... Noraboa, rapaces! 





























Comentarios

Entradas populares