Con que árbores repoboamos o Monte Vilapedre?

Nesta actividade, realizada nas materias de Paisaxe e Sustentabilidade, Xeografía e Historia e Bioloxía e Xeoloxía e coordinada por Noemí Silva, o alumnado de 1º da ESO investigou cal é a vexetación “natural” dunha paisaxe típica de Galicia. 

Para iso tiveron que situarse no papel de investigadores en paleobotánica e resolver un problema auténtico: 

O pasado verán un monte da nosa xeografía, o “Monte Vilapedre”, ten sufrido as consecuencias do lume de maneira devastadora. A vexetación actual estaba dominada por eucalipto, piñeiro e bidueiros, con sotobosque de fieitos e coa presenza dalgunha parcela a prado. Despois do incendio apenas queda vexetación. As autoridades competentes, neste caso a Xunta de Galicia, ten a intención de reforestar o monte, pero queren asegurarse de que a vexetación que van a plantar sexa a que habería no lugar supoñendo que a acción do ser humano non tivera feito ningunha modificación na paisaxe. E dicir, queren recuperar a vexetación “natural” do monte.

Os alumnos imaxinaron que eran investigadores  dunha empresa especializada en reconstrución paleoambiental para proporcionar ás autoridades competentes a información necesaria para facer a recuperación do “Monte Vilapedre”. Como especialistas en reconstrución paleoambiental interesados en pescudar acerca da historia vexetal de Galicia o alumnado adentrouse na metodoloxía científica de traballo propia da paleopalinoloxía e investigaron sobrea a vexetación e o clima de diferentes épocas da historia de Galicia (o paleolítico, o mesolítico, o neolítico, a idade dos metais, o Período Romano, o Período Xermano, a Idade Media a Idade Moderna e a Idade Contemporánea). 

Finalmente, fixeron unha posta en común na que elaboraron unha historia da vexetación e do clima en Galicia dos últimos 13000 anos. 

Aquí van algunhas fotos dos resultados destas pescudas!







Comentarios

Entradas populares