Excursión ao Courel e Quiroga

Os días 4 e 5 e 11 e 12 de maio os rapaces e rapazas de 1º de ESO, divididos en dous grupos, fixeron unha saída ao Courel e Quiroga acompañados das profesoras de Xeografía e Historia, Bioloxía e Xeoloxía e Paisaxe e Sustantibilidade, Beatriz Castro, Irene García Bernadal e María López Díaz, respectivamente. 
Ademais de coñecer os museos xeolóxico e etnográfico de Quiroga e o Castro da Torre, durante as andainas que levamos a cabo tamén puidemos comprobar e reflexionar sobre o clima de Galicia e as diferenzas que existen entre as zonas costeiras e interiores. 
Unha experiencia moi enriquecedora e divertida! E unha paisaxe fermosísima!











Comentarios

Entradas populares