O inverno de Celso Emilio Ferreiro

As referencias ao clima están presentes en toda a nosa vida e, por suposto, tamén están na poesía, aínda que sexa nun sentido figurado.
Nestes días fríos, mandamos con Celso Emilio unha mensaxe de solidariedade a todas as persoas que sofren a inxustiza da pobreza enerxética.
Chove, chove na casa do probe
e no meu corazón tamén chove.
Dor da mau encallecida,
dor da xente aterecida
de frío polos camiños.
Dor dos vellos e meniños.
Dor dos homes desherdados
e dos que están aldraxados.
Mágoa da ferida allea.
Dor dos que están na cadea,
dos que sofren a inxustiza
e viven baixo a cobiza.
Mágoa e loito
por tanto pranto que escoito.
No meu peito sulagado,
soturno, fondo, calado,
un río de amor se move.
Chove, chove na casa do probe
e no meu corazón tamén chove.
Celso Emilio Ferreiro, Inverno (Longa noite de pedra)


Grazas aos nosos compañeiros de 3ºPMAR e a Helena por lembrarnos o que non deberíamos, como seres humanos, esquecer.

Comentarios

Entradas populares