Que somos? Profesores! Que queremos? Ser profesores do século XXI
Queiramos ou non, as Tecnoloxías da Información e a Comunicación marcan a nosa vida cotiá, tanto persoal como profesional e, polo tanto, non podemos nin debemos pechar os ollos ante elas.
Máis alá do seu emprego diario, estas ferramentas ofrécennos unha enorme cantidade de posibilidades para enriquecer o proceso de ensinanza-aprendizaxe, para reciclarnos e para mellorar a conexión cun alumnado que, na maioría das ocasións, está acostumado a manexarse nestes mundos como peixes na auga.

Este curso, a través do proxecto LdC, intentaremos dar resposta a todos estes elementos para que todos sexamos competentes nun mundo, cada vez máis, dixital.
Ánimo co proxecto!!. Foi un pracer. Apertas e bo Nadal
ResponderEliminar