A exposición "Expometeoro" chega ao noso centro

O IES do Milladoiro tivo a ocasión de disfrutar no mes de decembro da exposición "Expometeoro" no marco das actividades organizadas desde a Biblioteca. 

O alumnado de 1ºde ESO asistiu a unha visita guiada da man de Beatriz Castro, profesora de Xeografía e Historia, e tiveron, ademais, que responder a un cuestionario preparado para tal fin: 



1. Quen é o responsable último do clima da Terra?
2. Con cantos días podemos predecir o tempo dunha forma fiable?
3. Por que hai unha gran variedade de climas na Península? Cantos tipos de clima hai en España:
4. Completa os refráns e indica a que tipo de situación meteorolóxica fan referencia:
- Anduriña moi adiantada, …
-                                          , mala cousa se non vén mollado.
- Moitas estrelas a brillar, … 
5. Como se chama a ciencia que estuda o clima do pasado?
6. Cales son as causas do movemento do aire?
7. Pon dous exemplos de precipitacións horizontais?
8. Cal é a altitude máxima dos cumulonimbos? E que son as morning glory?   
9. Quen fixo o primeiro rexistro meteorolóxico? Cando e onde?
10. Que son as boias meteorolóxicas?
11. Que é a canícula?


Comentarios

Entradas populares