Un ano máis... benvidas e benvidos ao noso LdC!



Despois duns meses de merecido descanso, voltamos neste novo curso con máis ganas que nunca de achegarnos á meteoroloxía...

A maioría de vós xa sabedes que o Laboratorio do Climadoiro é o proxecto que un grupo de intrépidos profesores e profesoras desenvolvemos no noso instituto para darvos a coñecer a meteoroloxía dun xeito diferente.

Esta iniciativa enmárcase no Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Orientación Universitaria e lévase a cabo no programa MeteoEscolas, organizado por Meteogalicia.

A esencia deste proxecto é convertir ao IES do Milladoiro nun centro de toma de datos meteorolóxicos, tarefa que xa iniciamos con éxito o curso pasado.

Neste novo ano agardamos traballar con vós e coa vosa axuda, máis e mellor!! Así que... ao noso alumnado do ano pasado: que gusto retomar este proxecto xuntos! Aos novos... Benvidas e benvidos e grazas por estar aquí!! Lémonos! 









Comentarios

Entradas populares