Curando contidos meteorolóxicos...


O principal problema que nos atopamos no mundo actual, tanto o profesorado como o alumnado, é o de ser quen de sobrevivir a avalancha informativa que nos aborda de xeito cotián... É a temida infoxicación


Afortunadamente existen unha serie de ferramentas que nos axudan a sobrelevar esta situación e a filtrar, organizar, estruturar e xuntar todos estes datos e informacións que nos chegan e que, por calquera motivo, non queremos esquecer. 

Durante este curso, grazas á meteoroloxía, imos aprender a empregar algunhas destas ferramentas que vos poden axudar a organizar e crear o voso propio espazo de aprendizaxe e, así, evitar a sensación de que dentro da vosa cabeza hai un furacán... Dese xeito vos convertiredes en curadores de contidos, é dicir, aprenderedes a seleccionar contidos de calidade empregando para iso o sentido crítico. 

Déixovos un enlace para que poidades entender mellor que é isto da curación de contidos:



Para comezar esta complexa pero, á súa vez, enriquecedora tarefa, imos adentrarnos no uso do Pinterest, unha ferramenta que nos permite crear tablóns colaborativos nos que compartir todo tipo de información (imaxes, vídeos, webs, etc.). Invítovos a botar unha ollada ao tablón que, dende o LdC, temos creado para compartir todo o relativo á meteoroloxía.

Ao longo do curso iremos descubrindo e manexando nas aulas novas ferramentas deste estilo!! 



Comentarios

Entradas populares