Recapitulación do traballo realizado polo alumnado de Física e Química de 4º da ESO!

O alumnado de 4º da ESO traballou intensamente no proxecta "Meteoescolas" e a súa profesora, Paula López Senín, elaborou un vídeo no que recopila todo ese traballo!!! 

Nel podemos ver como fixeron unha sesión de laboratorio na que se levaron a cabo diversas experiencias prácticas sinxelas onde se poñen de manifesto a presión atmosférica e o movemento dos frentes de aire fríos e quentes. 

Ademais, practicaron a interpretación de mapas meteorolóxicos no que aparecen representados datos de presión atmosférica predecindo as borrascas e anticiclóns e deducindo a dirección e intensidade dos ventos segundo a posición das liñas isóbaras... Neste grupo hai madeira de meteorólogos e meteorólogas!!!



Para ver o vídeo: Meteoescolas 4º ESO


Grazas a todos e todas pola vosa participación!!

Comentarios

Entradas populares