Que calor!

Estes días Galicia vive a primeira ola de calor a mediados de xuño que se ten rexistrado nos últimos catorce anos, con temperaturas que acadaron os 39,2 ºC no concello de Arnoia. Por esta razón, dende todas as institucións estase facendo campaña a prol da limitación das actividades físicas nos momentos de maior calor do día e a necesidade de beber moito e de protexerse do sol, entre outras medidas.



Se queredes saber máis sobre as últimas olas de calor rexistradas en Galicia dende o ano 1975 podedes ir a esta ligazón: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2017/06/17/galicia-vive-primera-gran-ola-calor-mediados-junio-catorce-anos/0003_201706G17P2991.htm

Comentarios

Entradas populares