Xoga a sopa de letras con adiviñas!

Os nosos compañeiros de 3ºPMAR propóñennos unha sopa de letras na que buscar as respostas as seguintes adiviñas, es quen de atopar as solucións?

1. Costureira apuradiña,
moitas agullas e ningunha liña.
2. Cando se acerca o frío
caen anacos de ceíño,
enchendo os campos
de remendiños.
3. El é irmán, igual ca elas,
e nunca o vemos con elas,
que son preciosas moedas,
e rematando con elas.
4. Asubía e non ten bico.
Canta e mais non ten gorxa.
Mais leve ca avelaíña,
mais cóidate da súa forza.
5. La branquiña,
la de añiña,
la de ovella que non pace,
mais onde ela xace,
mais onde ela pousa
–prado, agro ou chousa-
non amosa herbiña.



Comentarios

Entradas populares