Alí vén o inverno

Os nosos compañeiros e compañeiras de 3ºPMAR, coa guía de Helena, están a traballar sobre a riqueza do refraneiro popular no tocante á meteoroloxía e nos mandan un interesante texto sobre a chegada do inverno:

Cando Santos acaba, o inverno comeza.
Estes últimos días de novembro o saber popular acerta. Comezou o frío e as primeiras xeadas fan branquear as mañás luminosas. Xa se sabe, despois de San Martiño, fame e frío. Esperemos que fame non, aínda que podemos entender, ao contemplar os campos sen cultivos, por que o dicían os nosos devanceiros.

A pesar de presentárense solleiros, os días son curtos e un fato de escuridade invade as tardes. Quédanos a esperanza de que por Santa Lucía comece a crecer o día.


Pola súa parte, os nosos compañeiros e compañeiras de lingua castelá de 1º da ESO, capitaneados por Marta, andan á caza de refráns meteorolóxicos!! Moita sorte!! 

Gracias compañeiros e compañeiras e gracias Helena e Marta!

Comentarios

Entradas populares