Que consecuencias ten o cambio climático en fenómenos relacionados coa auga?

No marco do proxecto Aquamilla o alumnado de 2º de ESO tivo que procurar información p sobre as consecuencias do cambio climático en fenómenos relacionados coa auga e elaboración dun texto resumo dunhas 200 palabras. Destacamos o traballo da alumna C.G.T. de 2ºESOA:

Notas que ultimamente no verán vai máis calor ca anos anteriores e no inverno non vai tanto frío? Ves na televisión noticias de que nuns lugares hai sequías e noutros inundacións? Estudaches que os glaciares e cascos polares derrétense?
Todo isto é debido ao cambio climático, provocado pola expulsión de gases de efecto invernadoiro producidos polas centrales eléctricas, as calefaccións, os coches, os avións, as fábricas, a agricultura… todos estes elementos contribúen ao deterioro da capa de ozono. Esta cuberta deixa pasar a luz solar e retén a calor, polo que sen ela nos conxelariamos. O cambio climático ten unha grande repercusión no planeta: olas de calor, incendios, destrución do entorno natural, mortes producidas por altas temperaturas, gastos moi elevados para a economía e unha grande listaxe de efectos negativos.
A auga é un elemento esencial para a saúde humana, o mantemento dos ecosistemas e a biodiversidade e para a seguridade alimentaria. O impacto negativo do quecemento global reflíctese en inundacións, aumento do nivel do mar e redución das reservas de auga doce, deterioro da calidade da auga, progresiva disminución dos recursos hidráulicos que provocan o aumento da fame, enfermidades transmitidas pola auga, etc.

Comentarios

Entradas populares