Charla "Unha gota é un océano"


Charla divulgativa “Unha gota é un océano” para todos os grupos de 2º da ESO sobre o consumo responsable de auga, a cargo de relatores do Concello de Ames. Esta iniciativa vai ligada á edición do libro “En Ames amamos a auga”, a cargo da  Concellería de Servizos Básicos e Medio Ambiente con motivo da conmemoración, o pasado 22 de marzo, do Día Internacional da Auga (http://www.concellodeames.gal/nova.php?noticia=16355&idioma=es&sec=32). Tanto no libro como na charla ofrecida no IES  presentouse un manual de bos usos da auga e tamén se trataron outros aspectos como o clima, os ríos e os parques e xardíns de Ames.






Comentarios

Entradas populares