Proxecto AQUAMILLA!

O alumnado de 2º da ESO participou este curso, coa materia de Física e Química, no proxecto “Climadoiro” dos plans proxecta 2017-18.
A proposta inicial do departamento de Física e Química no proxecto de “Meteoescolas” foi levar a cabo unha serie de sinxelos experimentos prácticos onde se puxera de manifesto a presión atmosférica e o comportamento dos gases. Das experiencias previstas levouse a cabo a de “A auga que sube”. Neste experimento, pégase unha vela á base dun prato, engádese auga e acéndese a vela tapándoa inmediatamente cun vaso; obsérvase que auga ascende por efecto da presión atmosférica.  
Por outra parte, aínda que non estaba recollido no proxecto inicial, o profesorado de Física e Química de 2º da ESO decidiu levar a cabo no actual curso escolar un proxecto chamado “AQUAMILLA” baseado no análise da auga da billa e das fontes do Milladoiro coa intención de poñer de manifesto o papel crucial da auga para a vida humana e para o planeta, especialmente neste proceso de cambio climático no que estamos inmersos. Concretamente, as actividades en torno a auga foron as seguintes:
  • Medidas da calidade da auga da billa e das fontes de Milladoiro aplicando o método científico a través dunha metodoloxía indagativa. O alumnado mediu experimentalmente parámetros básicos da auga como son o pH, a concentración de cloro, a dureza e a concentración de nitritos e nitratos. Cada grupo (3 ou 4 alumnos/as) de cada clase tivo asignada unha das fontes da localidade onde tiveron que facer controis periódicos unha vez á semana durante todo o mes de abril. Este datos tiveron que cargalos coa aplicación móbil “epicollect5” a unha base de datos que recompila todos os datos medidos polo alumnado de 2º da ESO. Posteriormente ao traballo de campo, o alumnado tivo que facer un análise de resultados e sacar conclusións da súa investigación particular. Toda a información relativa a este proxecto (guía didáctica, aplicación móbil e materiais utilizado, actividades indagativas, mapa das fontes, etc.) pode consultarse no seguinte enlace (https://es.padlet.com/paulaFQ/AQUAMILLA).
C:\Users\User\Desktop\20171113_090237.jpg
C:\Users\User\Desktop\20171113_090248.jpgC:\Users\User\Desktop\20171113_090256.jpg

A raíz desta primeira andaina no ámbito da auga e do cambio climático, o profesorado implicado neste proxecto propón darlle continuidade no seguinte curso escolar. Sería interesante que o alumnado, aplicando o procedemento experimental levado a cabo este ano, puidera ampliar a investigación facendo un análise da calidade da auga da billa e das fontes de Milladoiro nos diferentes períodos estacionais. É dicir, facer medidas ao longo do ano e comparar os valores obtidos en outono, inverno e primavera, estudando a posible repercusión do tempo (precipitacións, temperaturas, etc.) na calidade da auga.

Comentarios

Entradas populares