Baltasar Merino Román, científico galego 2017

Para celebrar o día da Ciencia en Galicia 2017, dedicado a figura do meteorólogo e botánico Baltasar Merino, o alumnado de 1º Ámbito tivo que facer unha pequena investigación sobre a súa figura, baixo a guía de Irene García, profesora de Bioloxía.

Aquí están algunhas das cuestións que tiveron que resolver os nosos investigadores: 

1.- Que botánico importante galego fixo o primeiro libro sobre plantas?. ..........................
 En que ano?..........

2.- A que outra actividade se dedicou durante varios anos?--------------------------------------
Onde naceu, ------------------------------
Onde viviu?--------------------------------
Onde estudou?----------------------------

3.-En que vila de Galicia traballou como investigador e docente durante máis tempo?...............
Busca na biblioteca un atlas de Galicia e localiza esa vila, a que provincia pertence e cal é
o nome dun monte importante que ten--------------------------------------

4.-Onde buscarías información na biblioteca do Instituto sobre este famoso botánico?

5.-Localiza dous libros que falen de plantas na biblioteca. Indica o título e a editorial

6.-Baltasar Merino viaxou por toda Galicia entre os anos--------- e –-------.

Onde atoparías información sobre outras viaxes na biblioteca?

7.-Baltasar Merino non só rexistrou parámetros meteorolóxicos dende o observatorio tamén introduciu innovacións como un medidor de ozono, un aparello case único na xeografía nacional.
Dende o seu punto de vista, a información meteorolóxica ten que servir os cidadáns, o que fixo que fose un dos promotores da creación da rede española de estacións pluviométricas.
Tras a traxedia de Póvoa de Varzim, o 27 de febreiro de 1892, onde faleceron 105 pescadores que navegaban en sete lanchas ás que atrapa un temporal, e que conmociona Portugal, Merino convértese nun firme impulsor, tanto na prensa española como portuguesa, do uso do barómetro aneroide nos barcos. Este instrumento é de grande utilidade para predicir borrascas, o que a longo prazo servirá para evitar afundimentos e salvar as vidas dos tripulantes e da pasaxe.

  • Que é un observatorio meteorolóxico?
  • Que parámetros meteorolóxicos crees que son importantes para os mariñeiros?
  • Que importancia teñen estes observatorios na época de Merino?
  • Onde atoparías un  observatorio no instituto?

  • Crees que é importantes recoller estes datos?

8.-Busca nos 3 tomos sobre Flora de Galicia do P.Merino  o nome de tres plantas e fai unha descrición resumida en dúas liñas de cada unha dela

9.-As algas tamén son un grupo estudado polos botánicos.
  • Como se clasifican as algas?
  • Que características distínguenas algas doutras plantas?
  • Buscade información na biblioteca do centro sobre os usos e aplicacións das algas

10.-Un grupo importante nas plantas son as briófitas, se buscades información atoparedes nalgún lado que se agrupan baixo o nome de vexetais non vasculares.
  • Que significa isto?
  • As briófitas que organismos son?
  • Que partes e características teñen?

11.- Fai un debuxo de algunha das plantas estudiadas polo P. Merino. Indica o seu nome científico.
  • Cal é o xénero ….......................
  • Cal é a especie....................................................





Comentarios

Entradas populares