Visita a MeteoGalicia

Os días 4 e 18 de abril os rapaces e rapazas de Xeografía e Historia e as profesoras Beatriz Castro, María López, Irene García Bernadal e Mariló Padín, visitaron a sede de MeteoGalicia en Santiago de Compostela. 

Durante a mañá puideron asistir a unha sesión formativa sobre a meteoroloxía e os aparellos meteorolóxicos e contemplar o lanzamento dunha radiosondaxe, que suscitou un enorme interese.

Moitas grazas a todo o persoal de MeteoGalicia pola súa acollida!







Comentarios

Entradas populares